Iberdrola pecha un acordo con Navantia para novos pedidos de eólica mariña
Publicado o 02/07/2021 16:18

A compañía Iberdrola pechou un acordo con Navantia e coa asturiana Windar para construír futuros parques eólicos mariños, por valor de 400 millóns de euros.
O convenio contempla a posta en marcha dunha fábrica de compoñentes nos terreos do estaleiro de Fene, que se encargará de subministrar pedidos para eses proxectos de Iberdrola previstos entre 2023 e 2025.
Iberdrola e Navantia levan sete anos de colaboración con proxectos en todo o mundo que suman preto de 1.300 millóns de euros.