CRTVG

Buscar

Iberdrola di que se compromete a non variar os prezos se o Goberno retira o "decretazo"

Publicado o 22/10/2021 08:11
Iberdrola di que se compromete a non variar os prezos se o Goberno retira o "decretazo"

As eléctricas continúan co seu pulso ao Goberno. Agora, Iberdrola anuncia que se compromete a non variar os prezos eléctricos á industria coa condición de que non se prexudique a produción eléctrica con impostos, que considera lesivos. Tamén pide que o Goberno de Pedro Sánchez retire o real decreto e a lei en que xa se traballa no Congreso. Neste sentido, a eléctrica que dirixe Eduardo Galán afirma que asumirá os custos, "na medida das súas posibilidades", sempre e cando se retire a taxa ás enerxías renovables. De cumprir esta solicitude, sería un cambio de 180 graos ás medidas de choque promulgadas polo Goberno.

Noticias web

22/10/2021