CRTVG

Buscar

Iago Iglesias conclúe a súa etapa como adestrador do Compostela

Publicado o 14/05/2021 21:31

Iago Iglesias conclúe a súa etapa no Compostela. O adestrador de Ribeira deixa o equipo despois de cinco tempadas.Con esta aperta entre o técnico e o presidente Antonio Quinteiro poñían fin a relación contractual. Iago Iglesias non puido conseguir o obxectivo de subir o equipo á Primeira Federación, pero callou unha excelente campaña, con vitorias de mérito como as logradas en Riazor ou Pasarón. 5 tempadas no Compos en que Iago xogou tres fases de ascenso a Segunda B, a última con éxito. Deixa o equipo, sen que por gora se saiba o seu substituto.
 

Noticias web

14/05/2021