CRTVG

Buscar

Iago de Prado competirá no Dakar, co fillo de Luis Moya como copiloto

Publicado o 15/12/2020 20:17

Hai unha voz vencellada aos rallys, Luis Rodríguez Moya cantando as notas. Pois agora o copiloto máis famoso ten un sucesor, o seu propio fillo Álvaro, que acompañará a Iago de Prado: "Durante moito tempo Luis non quería que o rival andara nos rallys porque coñece os riscos que hai, pero ao final o Álvaro, que é o fillo, e eu conseguimos falar con Luis e comezar con este proxecto".

E o proxecto é ben ambicioso, o Dakar 2021 co seu buggy. En xaneiro estrearase nas areas do deserto de Arabia. "O noso obxectivo é rematar todos os días e conseguir rematar o rally", explica o piloto.

O equipo formado por Iago de Prado e Álvaro Moya leva dous anos traballando xuntos. A súa experiencia nos rallys porase a proba ante un reto maiúsculo: "O Dakar... é moi bonito dicir que vas ao Dakar, que é un soño cumprido e que isto é precioso, pero tes que ter en conta e saber a onde vas. Vas a unha carreira onde os límites van moito máis alá do que ti pensas. Non é medo, é respecto".

Noticias web

15/12/2020