CRTVG

Buscar

Iago Aspas ten tres días para recuperarse e xogar en Vilarreal

Publicado o 06/05/2021 17:07

A parella de centrais será Nestor Araújo e Jose Fontán

O Celta adestra pola tarde en Balaídos. O domingo visita o Vilarreal. Volve Hugo Mallo á actividade e os cambios que introduza Coudet afectan a tres posicións. A parella de centrais será Nestor Araújo e Jose Fontán. E o normal é que Fran Beltrán ocupe o lugar de Renato Tapia.

Hoxe, mañá e sábado, tres días para que Aspas recupere o seu estado natural. Aínda con posibilidades de viaxar. Está adestrando en solitario.