CRTVG

Buscar

Iago Aspas ten menos influencia e toca menos a pelota no Celta

Publicado o 18/10/2021 16:14

Ultimamente adoita ser habitual que os comezos de temporada de Aspas non sobresaian pola súa pegada goleadora. Contra o Sevilla só tivo unha ocasión. Outra, anulada por man, ante o Elxe.

Aspas suma ata o momento dous goles. A estas alturas da temporada pasada levaba catro; pero hai dúas campañas simplemente un nas nove primeiras xornadas.

Coudet sinala que fisicamente Aspas está ben e precisa apoio. Con todo, os datos indican que este Celta aposta polo fútbol directo moito máis que a liga pasada. Iso prexudica a Aspas. Ten menos influencia, toca menos a pelota que en campañas anteriores. Aparece con algún desmarque para meter algún centro. Ou aparece se hai algún contragolpe para dar un último pase. Pero o Aspas goleador non emerxe.

O Sevilla só tivo unha ocasión en Balaídos durante a segunda metade, e marcou o gol da vitoria. O Celta rematou o partido con lanzamentos a portería pero sen gol e sen Aspas determinante. Cando o dez non funciona, o equipo é vulnerable.

Noticias web

18/10/2021