CRTVG

Buscar

Iago Aspas sofre unha rotura fibrilar no bíceps femoral e perderá dous partidos

Publicado o 03/01/2021 20:42

Segundo informou a Axencia EFE, Iago Aspas sofre unha rotura fibrilar no bíceps femoral dereito e o Celta perderá o seu goleador para os dous próximos partidos, o martes contra o Eivisa e o venres contra o Vilarreal na Liga. Aspas mancouse ao comezo da segunda metade no partido que xogou contra o Real Madrid. 

A sorte para o Celta é que a liga para despois quince días por mor da disputa da Supercopa de España e non se retomará ata o 20 de xaneiro. 

Nolito tamén se mancou no partido pero a súa lesión é de menor importancia. Nolito ten "unha elongación no bíceps femoral dereito". 

Noticias web

03/01/2021