CRTVG

Buscar

Iago Aspas e Ansu Fati xa marcaban goles en Galicia con once anos

Publicado o 29/09/2020 14:41

Os dous coincidirán en Balaídos e pode que o venres na lista de Luis Enrique

Ten 17 anos e está revolucionando o fútbol español. Estes días anda cun sorriso. Mergullámonos no arquivo. Lembran estas imaxes? Iago Aspas. Tiña 11 anos. E marabillaba polos torneos de categoría infantil de Galicia. Pois vexan. Tamén con 11 anos. Tamén por Galicia. E tamén marabillando: Ansu Fati.

Ansu Fati. Neno prodixio. Marcou 7 goles a temporada pasada en 24 partidos. Récords que vai sumando: goleador máis novo da Champions, da selección española absoluta ou da Liga coa camisola do Barcelona.

O xoves Balaídos reúne ao goleador histórico do Celta ante o esplendor dun fillo de inmigrantes guineanos que din que é moito máis maduro do que soe ser un rapaz coa súa idade. Socio de Messi. E con máis mando dende a marcha de Luis Suárez.

Aspas 104 goles na Liga. 33 anos. Ansu Fati 9 goles. 17 anos. Dúas estrelas do momento. Dous que xa escintilaban cando eran cativos. Dous que se atoparán o xoves en Balaídos. E dous que agardan estar o venres na lista de Luis Enrique.




 

Noticias web

29/09/2020