CRTVG

Buscar

Humanizada a área de Atención Temperá do CHUS

Publicado o 15/04/2021 20:10

As instalacións da Unidade de de Atención Temperá do Hospital Universitario de Santiago transformouse nun espazo máis amable, confortable e lúdico grazas á intervención da Fundación Andrea. Esta intervención supuxo a renovación da pintura de todos os espazos e a reposición do mobiliario coa instalación de grandes biombos móbiles nas zonas comúns destinadas a pais e nenos. Con esta intervención, son xa 80 os espazos pediatricos decorados pola Fundación Andrea nos diferentes hospitais galegos.

Noticias web

15/04/2021