CRTVG

Buscar

Hugo Rama confía na reacción: "Facendo as cousas ben temos posibilidades"

Publicado o 09/05/2021 23:44

Directo, como este gol á escadra. Así é Hugo Rama á hora de analizar a situación do Lugo nas horas previas ó decisivo encontro co Spórting. Para o de Sigüeiro: "É un escenario complicado, pero sabemos que facendo as cousas ben aínda temos a posibilidade de sacalo, sabemos que é difícil, pero o club xa pasou por isto e ten experiencia neste tipo de situacións e imos tentar sacalo con iso, primeiro gañando o luns nun escenario complicado e agardar que o resto non sume".

Con catro goles e dúas asistencias, o santiagués é dos poucos xogadores do equipo que está a saír revalorizado nesta mala temporada. Con todo, cre que as cousas están a mudar.