Hugo Mallo recoñece que a pretemporada de Coudet os está a "deixar afundidos"
Publicado o 06/07/2021 20:33
O Celta continúa a preparación de pretempada, a primeira que o Chacho Coudet pode dirixir de inicio. Coa súa chegada a finais do ano pasado, o equipo experimentara un cambio notable no xogo e no rendemento físico. Para este verán os xogadores tiñan xa marcados algúns deberes e a iso se dedican estes días en Afouteza. Denis segue confinado por dar positivo en covid−19. Para o resto, a volta ao traballo, tal como confesa Hugo Mallo, é sempre complicada ao primeiro.