Huelva, escenario dunha persecución policial de película
Publicado o 11/02/2020 15:52
A policía persegue a toda velocidade o coche gris. Os axentes mandárano parar nun control na cidade de Huelva e o condutor evitounos e fuxiu. Catro coches policiais perseguíndoo. El sae da autovía para esquivalos, pero na súa manobra non contaba cun imprevisto e acabou chocando contra un dos vehículos da policía.
Os axentes, pistolas en man, achéganse ata o condutor infractor e detéñeno. O balance, tres feridos leves, dous policías e o fuxido.
O curioso, aínda ninguén sabe por que fuxía, xa que non atoparon nada no coche.