CRTVG

Buscar

O Celta celebra os 50 anos do seu primeiro partido europeo

Publicado o 15/09/2021 17:28

Hai fotografías que son memoria histórica. Era un 15 de setembro de 1971. O Celta xogaba por vez primeira en Europa.Hoxe, 15 de setembro e 50 anos despois, quedamos no mesmo campo con Juan, Lezcano, Manolo e Rodilla. E sorprenden cunha revelación: "Naquel momento a importancia foi cero", apunta Rodilla. Juan lembra que "aquí, en Vigo, foi coma se non pasase nada".

Aquela aventura foi un Celta-Aberdeen, con derrota 0-2 en Balaídos, con crónicas que criticaban o adestrador. Outros tempos, outro fútbol, outro Balaídos. "Cando nós xogabamos, o río inundábase e enchíase o campo de auga e nos córners estabas enlamado ata o nocello", sinala Lezcano. "Saías do vestiario e tiñas que saír por unha pasarela de madeira porque se te metías a auga chegaba ata o xeonllo. Viñan ata os bombeiros a sacar a auga do campo", engade Juan. "Fisios? Non existía o fisio, había un farmacéutico que daba as masaxes e non tiña nin idea do que era dar unha masaxe", remata Rodilla.

Daquel fútbol en branco e negro a este actual cun Celta, tamén, soñando con Europa. "Difícil sempre vai ser, todo o que logre de metade para arriba, para min é un éxito", considera Manolo, o gran capitán histórico do Celta. "Cun grupiño de 10 equipos que hai aí ten posibilidades de aspirar a xogar en Europa pero antes temos que gañar os primeiros tres puntos que é o principal para coller algo de azos e que os xogadores collan confianza", analiza Rodilla.

Son os precursores do Celta europeo. Estaba aí, nesa foto, e hoxe 50 anos despois, pisando Balaídos.

peo.

Noticias web

15/09/2021