CRTVG

Buscar

Hoxe empeza o xuízo a María Sevilla, acusada do roubo de seu fillo

Publicado o 01/10/2020 08:31

Hoxe empeza a xuízo contra María Sevilla, acusada dun presunto delito de substracción de menores, por desaparecer co seu fillo en marzo de 2017.

O fiscal pide tres anos e medio de prisión e cinco de inhabilitación da patria potestade. A acusación particular solicita que a pena de cárcere sexa de catro anos e medio e outros seis meses por abandono familiar e que a patria potestade lle sexa retirada por seis anos. A súa exparella pide unha indemnización de 18.000 euros.

A defensa solicita a libre absolución da acusada ao entender que non hai delito e que o que a muller fixo foi protexer o seu fillo.

 

Noticias web

01/10/2020