Hoxe empeza o segundo xuízo político a Trump
Publicado o 09/02/2021 08:13
No Senado dos Estados Unidos empeza hoxe o xuízo político, ou impeachment, ao expresidente Donald Trump.
O expresidente pasa na Florida as horas previas a un xuízo en que todo apunta a que non será condenado pola súa responsabilidade no asalto ao Capitolio o seis de xaneiro, como sinala a acusación demócrata.
Donald Trump é o primeiro mandatario estadounidense que é xulgado dúas veces no Senado por delitos e faltas graves. Os seus avogados consideran que o proceso é inconstitucional. Para que Trump fose declarado culpable faría fallla unha maioría cualificada de 67 dos 100 votos do Senado, que está dividido 50 a 50, polo que sería necesario que 17 senadores republicanos votasen a favor de condenalo.