CRTVG

Buscar

O Congreso debate o recorte de competencias para o Poder Xudicial se está en funcións

Publicado o 15/12/2020 13:41

Chega ao Congreso a renovación do poder xudicial. Debátese a proposta de PSOE e Podemos para que o Consello Xeral non poida designar novos xuíces se ten o mandato caducado, coma na actualidade.

A proposición de lei tamén vai ser analizada polo propio órgano de goberno dos xuíces no pleno que teñen o xoves. No pleno do Congreso terá os votos en contra do PP, Vox e Ciudadanos.

Os socialistas defenden a medida e lembran que outros poderes como o Executivo xa teñen as competencias limitadas cando están en funcións.

Noticias web

15/12/2020