CRTVG

Buscar

Hoxe complétase a formalización da fusión de Bankia e CaixaBank

Publicado o 26/03/2021 08:35
Hoxe complétase a formalización da fusión de Bankia e CaixaBank

Hoxe está previsto o último paso na creación da que será a primeira entidade bancaria española.

Será coa formalización xurídica da fusión de Bankia e Caixabank despois de obteren a autorización da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.

O proceso continuará coa integración funcional nunha soa estrutura. Iso culminará cara a finais de ano, e aínda están por ver as consecuencias que terá no mantemento dos postos de emprego.

A nova CaixaBank suma máis de 20 millóns de clientes e activos por valor de 660.000 millóns de euros, e con iso despraza o Santander á segunda posición da banca española.

Noticias web

26/03/2021