CRTVG

Buscar

Hostalería e ximnasios, preparados para a reapertura

Publicado o 25/02/2021 15:43

Agás nos 10 concellos con restricións máximas, no resto de Galicia locais de hostalería e ximnasios prepáranse para reabrir as súas portas. As novas tecnoloxías convértense nunha ferramenta importante para facilitar a desescalada. 

Moitos xa traballan na implantación do código QR que facilitará o control de acceso de clientes. Funciona de xeito moi sinxelo. Hai que descargar a aplicación Passcovid, e cando se entra nun local de hostalería ler o código QR. Así xa quedaría rexistrado e isto facilitaría localizar os contactos en caso de que houbese un positivo.

Falamos con Pablo Otero, dono do restaurante A Antiga Lareira de Ourense, que nos explicou como se vai preparando para a reapertura. No seu restaurante nunca apagaron os fogóns porque ofrecían servizo a domicilio pero a reapartura incrementou a actividade.

E tamén conversamos con José Domarco, responsable do ximnasio do Pazo dos Deportes de Ourense, onde tamén contarán dende este venres cunha aplicación móbil para controlar as entradas e reservar clases, aínda que se tomarán outras medidas para facer máis segura e duradeira a reapertura.

Noticias web

25/02/2021