CRTVG

Buscar

Hostaleiros de Santiago presentan un recurso contra a petición do certificado covid

Publicado o 11/08/2021 12:58
Hostaleiros de Santiago presentan un recurso contra a petición do certificado covid

Hostaleiros de Santiago de Compostela, agrupados en varias asociacións, anunciaron este mércores a presentación dun novo recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a petición do certificado covid para o interior dos locais, despois de que os organismos xudiciais doutras comunidades deixasen sen efecto esta obrigatoriedade.

Foi nunha conferencia de prensa onde Lois López, directivo da asociación Hostalería Compostela, sinalou que "non se pode entender" que a xustiza galega avale esta medida, que supón unha das restricións máis duras para a hostalería, a pesar de que Galicia ten "unha situación máis favorable" que outros territorios en que se descartou o uso deste certificado.

O TSXG xa rexeitara a semana pasada a medida cautelarísima solicitada por Lugo Monumental para que se suspendese a esixencia de achegar a certificado covid-19 aínda que, entenden que, o recurso "segue o proceso normal" polo que aínda faltan varias semanas para que exista unha resolución en firme.

En representación do sector do lecer nocturno, onde se esixe este certificado en todos os niveis, Sergio Fernández admitiu que este certificado pode ser unha "solución" efectiva, pero que "así non se pode aplicar". Ao seu xuízo, o uso do pasaporte sanitario debe estar "dotado de medios" e "acompañado dun aumento de ocupación e recuperación de horarios".

Noticias web

11/08/2021