Hospitalizan unha muller en Ourense por inhalación de fume tras esvaecerse mentres cociñaba
Publicado o 28/09/2021 20:34
En Ourense, unha muller tivo que ser traslada ao hospital por inhalación de fume tras un incendio no seu piso. Aconteceu na rúa do Paseo, nun noveno andar. A muller sufriu un esvaecemento mentres cociñaba, o que fixo que se incendiara a pota que tiña ao lume. Foi o seu fillo quen a atopou e a sacou da vivenda. Ata o lugar trasladáronse varias unidades de bombeiros, que se encargaron de evacuar a gran cantidade de fume que había no interior do piso. As lapas só afectaron a zona da cociña.