CRTVG

Buscar

Hospitalizan tres tripulantes máis dun dos cargueiros en que se detectou a variante india

Publicado o 11/05/2021 21:08

• Segundo cribado en Vithas Fátima, onde se contaxiou coa dita variante un paciente sen relación coa tripulación dos barcos

Unha ambulancia acudía esta tarde ao peirao de Rande, onde está atracado un dos dous cargueiros xemelgos confinados por gromos de covid−19. No Emerald Leader xa son dez os casos tras a detección doutros dous. E tres dos afectados tiveron que ingresar nas últimas horas. Foron trasladados ao Vithas Fatima, onde agora xa son nove os mariñeiros hospitalizados, un deles na UCI. O Servizo de Microbioloxía do Álvaro Cunqueiro está secuenciando mostras dos tripulantes do Emerald para confirmar se se contaxiaron coa variante india do virus como os compañeiros do Prometheus Leader.

Na clínica Fátima fixeron un segundo cribado entre o persoal tras confirmarse a infección coa variante da India dun paciente ingresado por outra patoloxía e a súa muller, que, ademais de compartiren centro sanitario, non teñen outra relación cos barcos confinados.

A presenza destes casos é un motivo de preocupación para as autoridades sanitarias, xunto coas repuntas concretas nalgúns concellos. A situación xeral de Galicia continúa estable, coa incidencia contida por debaixo de cen.

Noticias web

11/05/2021