CRTVG

Buscar

Hospitalizados un matrimonio e a filla de 18 anos tras declararse un incendio no seu piso en Vigo

Publicado o 25/08/2020 12:04
Hospitalizados un matrimonio e a filla de 18 anos tras declararse un incendio no seu piso en Vigo

Tres persoas foron hospitalizadas esta madrugada en Vigo debido a un incendio nunha vivenda que obrigou a desaloxar todos os veciños do edificio mentres duraban as tarefas de extinción.

Son dúas mulleres, de 18 e 55 anos, respectivamente, e un home de 63 anos, que foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro, segundo informou o 061. Ao parecer trátase dun matrimio e da súa filla.

O edificio, situado na rúa Ricardo Torres Quiroga, foi desaloxado pasadas as dúas e media da mañá, segundo informou o 112 Galicia.

Foi unha muller, "moi nerviosa",  quen alertou a emerxencias do incendio, sen poder concretar se había persoas afectadas.

O 112 Galicia avisou inmediatamente o Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061 e os bombeiros da cidade, que xa tiñan constancia do suceso, así como os axentes da Policía Local.

Os bombeiros remataron as tarefas de extinción pasadas as cinco da mañá.