Hospitalizado un menor vítima de acoso escolar
Publicado o 14/02/2020 23:37

Un menor de 14 anos vítima de acoso escolar nun instituto da localidade alacantina de Mutxamel, foi ingresado nun hospital tras tentar suicidarse. O adolescente está fóra de perigo e xa recibe atención psicolóxica.
A Fiscalía de Menores abriu un expediente de investigación por presunto acoso por parte doutro alumno do mesmo instituto. Segundo fontes da Fiscalía, o presunto acosador mesmo chegou a ameazar de morte á vítima. No instituto ativárase o protocolo antibullying e a dirección do centro instara aos pais do presunto acosador a abandonar o centro. Pero rexeitaron esa opción. O Xulgado de Menores emitiu unha orde de afastamento de 50 metros da vítima.