CRTVG

Buscar

Hospitalizada tras sufrir unha forte reacción alérxica tras poñer a vacina de Pfizer

Publicado o 17/12/2020 13:59
Hospitalizada tras sufrir unha forte reacción alérxica tras poñer a vacina de Pfizer

Unha enferneira dos Estados Unidos tivo que ser hospitalizada tras sufrir unha forte reacción alérxica logo de recibir a vacina de Pfizer contra o coronavirus. 

Segundo os primeiros indicios, trátase da mesma reacción que xa tiveran dous sanitarios do Reino Unido pero a diferenza deles a muller non tiña un historial de alerxias graves.

A sanitaria tivo que ser trasladada a urxencias dez minutos despois de vacinarse o martes pasado, aínda que xa está case recuperada.

 

Noticias web

17/12/2020