CRTVG

Buscar

Hospitalizada por coronavirus unha parella de Fisterra vacinada coa primeira dose

Publicado o 16/05/2021 14:43

Comezaron a sentir os primeiros síntomas a semana pasada. "Empezou o meu sogro con malestar e decidimos chamar o médico de cabeceira. Fíxolle a PCR e deu positivo. Despois fomos todos", explica Yolanda Lires.

Xoán Luis pasou oito días ingresado e o xoves volveu á casa. A súa muller segue no hospital de Cee, pero a evolución é boa e previsiblemente daránlle a alta nas próximas horas. Os dous xa recibiran a primeira dose da vacina de Pfizer e pensan que quizais puido axudar a minimizar os efectos do coronavirus. El atópase ben. Menos reposto nótase o seu fillo. Segue sentindo moita canseira e non recuperou o apetito


Na casa veciña hai outras catro persoas confinadas. Entre as dúas familias suman nove contaxiados. Son a metade dos habitantes desta pequena aldea da parroquia fisterrá de Sardiñeiro.

Noticias web

16/05/2021