Hondarribia e Santurtzi xogarán a Bandeira da Coruña na decisiva xornada do domingo
Publicado o 04/07/2020 22:15
Hondarribia e Santurtzi chegarán á xornada do domingo con menos de dous segundos de diferenza. Son os dous equipos que terán opcións de pelexar pola Bandeira, unha vez que Orio e Urdaibai quedaron a máis de quince segundos. Boa xornada para Cabo que rematou no sexto posto. Ares no seu regreso á ACT asinou un noveno posto.
En categoría feminina a vantaxe é para Orio que terá que pelexar coa Donostiarra.