CRTVG

Buscar

Homenaxe en San Simón ás vítimas do franquismo para pedir a declaración de Illa da Memoria

Publicado o 18/07/2021 13:03

A Illa de San  Simón acolle este domingo unha homenaxe ás vítimas do franquismo. Os participantes demandan tamén a declaración de San Simón como Illa da Memoria.

Con participación reducida a unhas 300 persoas pola pandemia o evento conta coa asistencia de 25 asociacións organizado todo pola Iniciativa Galega pola Memoria.

O acto central recoñeceu a loita solidaria das mulleres da contorna e contou coa participación da autora do libro "As lavandeiras de San Simón", Eva Mejuto. Supón un recoñecemento ás mulleres que axudaron aos represaliados na Illa de San Simón tras a Guerra Civil.

A entidade organizadora do evento reclama a recuperación do proxecto da Illa da Memoria e a probación dun plan que garanta o desenvolvemento dun programa de actividades público e continuado no tempo coa memoria histórico como eixo central.

San Simón foi durante sete anos de 1936 a 1943 un duro campo de concentración e represión franquista.

 

 

 

 

Noticias web

18/07/2021