Os compañeiros lembran os dous ciclistas falecidos hai tres anos na Guarda
O vindeiro martes haberá tres anos do atropelo a un pelotón de ciclistas na estrada Baiona-A Guarda. Este domingo, unha homenaxe no lugar do sinistro lembrou os dous falecidos. Os ciclistas amosaron o seu descontento porque a audiencia de Pontevedra considerase que non houbo omisión de socorro.
Así chegan Javier e Luís ao lugar do sinistro case tres anos despois de seren arolados polo condutor dun todoterreo xa nonaxenario. Son sobreviventes do brutal atropelo do 12 de marzo de 2016. Queren que se celebre xa o xuízo para poder pecharen este capítulo das súas vidas, tal e como lles aconsellan os seus sicólogos.
Tamén seguen indignados porque a audiencia de Pontevedra considerou que non houbo omisión de socorro. Eles téñeno ben claro. Luís tivo a sorte de só ser rozado polo retrovisor, nin sequera puxo denuncia aínda que víu morrer a dous dos seus mellores amigos e outros sufriron graves feridas e secuelas. O impacto en Javier foi tal que esqueceu todo o vivido aquel día. Só sabe o que lle contaron.