Homenaxe ás traballadoras do servizo de axuda no fogar de Mos
Publicado o 17/03/2021 20:20
Tiveron medo ao descoñecido e pánico a contaxiar, pero nunca deixaron de coidar e acompañar os seus maiores e dependentes, con ou sen covid. Non hai pandemia que poida coas traballadoras do servizo de axuda no fogar.
Como parte da conmemoración do 8 de marzo, o concello de Mos quixo agradecer a dedicación destas mulleres esenciais que forman parte dun dos sectores laborais máis feminizados.
O Servizo de Axuda no Fogar do concello de Mos está constituído por 60 traballadoras que atenden 114 familias do municipio.