Homenaxe aos dous gardas civís, vítimas do atentado do Grapo hai 30 anos
Coincidindo con este aniversario a comandancia da Garda Civil da Coruña organizou hoxe unha homenaxe no lugar do asasinato. Din que actos coma este son necesarios para que a memoria das vítimas non caia non esquecemento e para que as familias saiban que a sociedade é consciente do seu sacrificio.
Practicamente á mesma hora e no mesmo lugar, o Banco de España, hoxe reconvertido no Museo das Peregrinacións, homenaxearon familiares, compañeiros e autoridades de todas as institucións do país a Pedro Cabezas e Constantino Limia, dous garda civís aos que lles quitaron a vida nun día normal de traballo.
Os fillos dos asasinados pediron que as vítimas do GRAPO deixen de ser invisibles. Unha placa á entrada do edificio lembra dende hoxe as vítimas do atentado.