Histórica clasificación de Adrián Ben para a final dos 800 metros
Publicado o 01/08/2021 14:39
Adrián Ben fixo historia no atletismo español ao lograr a clasificación para a final dos 800 metros.
Cun tempo de 1:44:30 rematou cuarto a súa serie e a súa segunda marca persoal. Permitiralle estar na final do mércores ao entrar por tempos.
Foi unha carreira impresionante do atleta de Viveiro, que a falta de 150 metros apertou os dentes e demostrou que está capacitado para pelexar entre os mellores.
Incrible éxito para Ben que na súa estrea nuns Xogos Olímpicos se mete na final a piques de facer os 23 anos.