Hípicas e coidadores traballan baixo mínimos para manter o coidado dos cabalos
Como cada día desde que se decretou o estado de alarma, nesta hípica teense, agora pechada a alumnos e propietarios de cabalos, traballan con cada un dos 70 animais que teñen para que o confinamento lles afecte o menos posible. Prexuízos a nivel físico, dixestivo e tamén psicolóxico
Coma outras moitas empresas, este centro hípico viuse obrigado a facer un ERTE. Malia as dificultades económicas que esta situación lles causa, as 4 persoas que quedan traballando proporciónanlles aos animais o benestar, a comida e os coidados precisos.
Prexuízos tamén a nivel deportivo, xa que malia que o parada afecta tamén as competicións, recuperar a forma e o rendemento dos cabalos levará tempo e esforzo.
Aseguran que agora o importante é manter o benestar dos cabalos coa esperanza posta en recuperar a actividade o antes posible.