Herbas de San Xoán: moitas fórmulas para unha única tradición
Podemos resumir o San Xoán en tres elementos: "A auga, o lume e as plantas", como sinala o antropólogo Rafael Quintía.
Pero resumir a lista de plantas pode ser máis complicado. "Nalgúns sitios faise só cunha planta. Con rosas, por exemplo. Noutros pode ser con doce ou catorce plantas".
"A maioría son aromáticas. Outras poden ser medicinais, de sempre", di Amancio Castro, membro da asociación Vaipolorío e todo un namorado desta tradición.
Estamos Pontevedra, en Vilaboa, en Bértola. Lourdes e Teresa apañan as herbas de San Xoán na horta. Podería ser polos camiños, podería ser no monte.
A fórmula cambia en cada zona de Galicia, mesmo en cada casa. Pero o obxectivo é o mesmo: liberarnos dos meigallos despois dunha noite antiga que mestura conceptos de maxia e de fe.
"Pero detrás do San Xoán hai moita ciencia escondida"...