Henrique e Meghan perden os seus títulos e non recibirán fondos públicos

A casa real británica deu coa fórmula para intentar resolver a crise na que se ve envolta desde hai unhas semanas. Xa hai acordo entre a raíña Isabel segunda e os duques de Sussex.
O príncipe Henrique e Megan Markle renuncian ao tratamento de alteza real e non van recibir cartos públicos. A raíña anunciou que o seu neto e a súa muller van repoñer os cartos que se investiron na reforma da súa residencia en Windsor.
O comunicado difundido por Buckingham Palace apunta que estes cambios na familia real británica terán efecto a partir da primavera. Despois de meses de conversas, recoñece a misiva da Raíña, atopamos unha saída construtiva que axude ao meu neto e a súa familia. Henrique e Meghan comezaran unha nova vida despois de protagonizar a última crise da monarquía británica. Será sen titulos e sen financiamento público.