Miguel López, o Hematocrítico, fálanos das súas novidades literarias
Co verán chegou ás librarías o último do escritor coruñés Miguel López, máis coñecido como o Hematocrítico. Tres contos de vez, dous deles cómics -'Lendas do recreo'- e 'Alcaldesa vermella'. Os tres para o público infantil e para entreter con moito humor.
Cítanos nun dos seus recunchos favoritos da súa cidade, A Coruña. Non sabemos se o que entra na libraría Berbiriana é o humorista, o Hematocrítico twiteiro, o mestre ou o escritor.
E como ademais ten a sorte de poder facer o que máis lle gusta hoxe falamos co escritor que se inspira na súa profesión de mestre de infantil para presentarnos as súas novas creacións. En Lendas do recreo o Hematocrítico mételle humor a ese momento que recorda como especial.
No seu planeta non só collen estes nenos que converte en superheroes. Fóra do recreo, no bosque, en lugar de fadas tradicionais hai alcaldesas vermellas. Veñen nun novo conto e xunto coas 'Lendas'pensan' seguir medrando.
Lendas e contos estarán o sábado, ás seis da tarde, na Feira do Libro de Vigo. Estará tamén o Hematocrítico, falen co que lles preste. Divertido a partes iguais ... escritor, mestre ou humorista.