CRTVG

Buscar

Hai xa 1.100 estudantes contaxiados en toda España polo macrogromo nas illas

Publicado o 29/06/2021 15:43

Hai xa 1.100 estudantes contaxiados en toda España polo macrogromo de Mallorca. Mentres, medra a tensión nos hoteis onde algúns estudantes cumpren a corentena. E a pesar de todo, a noite de Mallorca deixa aínda imaxes coma estás con botellóns nas praias, sen máscaras e tampouco sen cumprir a distancia de seguridade.

O hotel Bellver, no paseo marítimo de Palma, acolle os estudantes que deron positivo e os contactos estreitos, en total uns 250. Alí estanse a vivir momentos de tensión polas queixas dos que non están infectados. Pero alí non só están estudantes. Tamén outros positivos que din sufrir as ganas de festa dos rapaces. Lonxe de Mallorca, as familias asisten con preocupación a todo o que está acontecendo na illa.

Pagan xustos por pecadores, os que chegan estes días polos que estiveron a semana pasada, aseguran os pais. Algúns xa anunciaron que denunciarán o Govern balear por detención ilegal.

Noticias web

29/06/2021