CRTVG

Buscar

Máis de 400 menores, en seguimento en España ante o risco de sufriren violencia vicaria

Publicado o 20/06/2021 15:15

O Sistema se Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero do Ministerio do Interior ten identificados 417 menores en risco de sufrir violencia vicaria, aquela que o pai exerce sobre o fillo para danar a nai. Deles 56 estarían en risco extremo, segundo as avaliacións policiais.

"Todos os nenos que están nunha casa en que hai violencia están en risco, non é que estean en risco, é que xa están sufrindo a violencia. Necesitan alguén con quen falar do que senten e do que pasa". "Unha persoa violenta e que somete non pode ser bo pai", di Concepción Rodríguez, terapeuta do programa de atención psicolóxica das vítimas de violencia de xénero.

Dende o 2013, 40 menores foron asasinadas polos seus pais ou polas parellas das súas nais, vítimas da violencia machista.

"Que morran nenos por ese motivo é un fracaso da sociedade. Falla o sistema de protección dos menores. Ao mellor é dificil facelo de forma xudicial e policial, ao mellor haino que facer de maneira educacional", afirma a terapeuta.

A diario Concepción Rodríguez dá apoio e atención psicolóxica a mulleres e fillos vítimas de violencia de xénero. Coa súa expericiencia aconsella reforzar os servizos de atención á saúde emocional dos cativos.

"Eu faríao nos centros de saúde por onde os nenos pasan, facer unha ITV psicolóxica e emocional dos nenos, digámolo así, ver que están ben".

Noticias web

20/06/2021