Hai preocupación pola seguridade do carril bici da Coruña
Publicado o 24/05/2019 16:07
Esta Ronda de Outeiro, unha das principais arterias da cidade, centraliza boa parte das queixas recibidas no Concello herculino, en concreto o treito que vai da avenida Pérez Ardá á rúa da Mercede.
A asociación de comerciantes da zona reuniu 400 sinaturas que demandan cambios no carril bici, que o Goberno local se resiste a introducir. Os afectados van máis aló e acusan o Concello de non respectar o plan aprobado nun principio e que agora os ciclistas comparten beirarrúa cos peóns, algo que prohiben as ordenanzas municipais.