CRTVG

Buscar

Hai poucas esperanzas de atopar superviventes entre os 300 desaparecidos no Brasil

Publicado o 27/01/2019 20:38


Israel enviou un equipo de 130 enxeñerios, médicos e bombeiros, provistos de medios avanzados para dar coas vítimas sepultadas baixo metros de lodo.
Sobre o terreo, retomáronse os labores de busca logo de drenar a presa que tamén ameazaba con romper e que mantén desaloxadas desde a madrugada varias poboacións.

O dique que rompeu o venres xa tiña arredor de 24.000 persoas fóra das súas casas, moitos porque as perderon baixo a lama. Pero pesa máis a falta de noticias sobre os desaparecidos, arredor de 300.

A xustiza bloqueoulle á mineira máis de 2.500 millóns de euros como garantía de reparación e a Administración impúxolle dúas multas polo dano ambiental, mentres se investiga o ocorrido para depurar responsabilidades.
 

Noticias web

27/01/2019