CRTVG

Buscar

Hai moitas ganas de viaxar, pero moi poucas reservas

Publicado o 29/04/2021 14:41

A partir do 9 de maio, previsiblemente, ábrese un novo escenario: remata o estado de alarma e levántase o peche perimetral das comunidades autónomas. Haberá liberdade para moverse por toda España.

E con este sentir nas axencias de viaxes, polo momento, apenas está a haber reservas.

"A estas alturas o verán xa estaba case vendido. Agardo que nos abran e poidamos comezar a vender", explica Mar Santos, directora dunha axencia de viaxes.

Os que acostumaban viaxar, e sobre todo os que xa están vacinados, si comezan a perdir orzamentos. "Hai moitas dúbidas, moitas consultas e moitos orzamentos que comezan a pedir, pero estanse pechando moi poucas reservas", comenta Óscar Regal, director dunha axencia de viaxes.

Por outra banda, as compañías aéreas achegan tamén o seu gran de area. Nas vindeiras semanas, desde os tres aeroportos galegos será posible conectar con Bilbao, Mallorca, Menorca, Tenerife, Sevilla e xa ofrecen billetes por menos de vinte euros desde Galicia a, por exemplo, Gran Canaria.