CRTVG

Buscar

Así se vai acceder aos locais de ocio nocturno nos concellos de nivel medio

Publicado o 08/07/2021 13:31

Hai distintas probas diagnósticas que podemos realizar para acceder a discotecas e pubs nos concellos de nivel medio a partir do sábado. Teremos que presentar un resultado negativo nalgunha delas e facela nas ultimas 72 horas. Os laboratorios privados ofrécenas desde 30 euros.

Tamén hai a opción de acudir a unha farmacia e solicitar o kit para realizar unha PCR de saliva de balde.

Outra alternativa é acudir aos cribados poboacionais que realiza o Sergas. Ademais, en breve vai poñer en marcha unha serie de puntos onde poderemos realizar probas diagnósticas de balde e sen cita previa. Entre os mozos, a medida xera opinións encontradas.

Tamén estará permitido entrar nos locais nocturnos se dispoñemos do certificado da vacinación completa ou o de ter pasada a enfermidade nos últimos seis meses.

Noticias web

08/07/2021