Pontevedra, dividida pola continuidade de Ence
Son horas de nerviosismo e incerteza para as 5.000 familias que dun xeito directo ou indirecto dependen da planta de Ence de Pontevedra. A Audiencia Nacional deberá decidir canto tempo pode seguir a pasteira xunto á ría.
"Son moitas familias para as que están en xogo os seus postos de traballo. Queremos seguir en Lourizán", Ana Cedeira, presidenta do comité de empresa de oficinas.
A empresa xa dixo que se teñen que marchar da ría pechan a planta. "Sería devastador para a comarca e Galicia, é un sector forestal moi importante", Antonio Delafuente, presidente do comité de empresa.
O Concello, en mans do BNG, quere que a fábrica abandone a ría para que sexa posible a súa recuperación ambiental. "De recuperar un espazo natural que ten unha rendabilidade económica, de emprego superior que a ubicación de Ence", Miguel Anxo Lores, alcalde de Pontevedra.
Tamén defenden o traslado os seus socios de goberno, do PSdeG-PSOE. "Seguiremos insistindo na necesidade de trasladar Ence para unha ubicación máis axeitada, a ser posible na comarca de Pontevedra", Tino Fernández, tenente de alcalde.
Para a oposición, os populares, o traslado é inviable. "O traslado é inviable e o peche vai ser a miseria para moitas familias", Rafael Domínguez, voceiro municipal do PP.
O Goberno en 2019 daba un xiro na súa postura e tras un informe da Avogacía do Estado, decidía non apoiar a prórroga e achantarse do proceso.