CRTVG

Buscar

Hai 387.000 inscritos no rexistro da Xunta, no que se detectaron 24 asintomáticos

Publicado o 07/09/2020 15:29

As persoas que chegan a Galicia dende puntos de alta incidencia do coronavirus teñen que comunicalo a Sanidade. Durante o mes de agosto fixérono máis de 380.000 persoas.

Todas elas incribíronse no rexistro de viaxeiros da Xunta e froito diso detectáronse 24 positivos asintomáticos.

Chegada do voo Madrid-Santiago. E entre os pasaxeiros aínda hai despistados que non saben que é iso do rexistro de viaxeiros.

Pero a maioría xa saben que, se veñen de comunidades con alto risco de contaxios, teñen que chamar ou entrar na web do Sergas. Alí pediranlles datos que facilitan o rastrexo en caso de que o virus viaxe con eles.

Foi precisamente grazas a esas PCR que deron con 24 contaxiados asintómaticos entre os 387.000 viaxeiros rexistrados en agosto.

Os expertos fan balance positivo do rexistro, pero piden controis máis exhaustivos nos aeroportos para poder parar o coronavirus nas fronteiras.

Noticias web

07/09/2020