CRTVG

Buscar

Convocan uns 2.000 veciños da Pobra para facer unha proba PCR

Publicado o 22/05/2021 16:59

_"Ola, bo día, tes o código QR?"
_"Si", escóitase na porta.
Teléfono en man, os veciños da Pobra van chegando ao centro de saúde e acreditan que están convocados para facer unha PCR voluntaria.
"Se che chega a mensaxe hai que vir". "É responsabilidade de todos".

O aumento de contaxios preocupa a veciñanza e o Sergas que convocou dúas mil persoas para facer o test.
Isabel Dieste, subdirectora de enfermería da Barbanza explica que "este cibado está dirixido a xente de entre 20 e 40 anos, porque estase vendo que o incremento de casos se está dando nesa franxa de idade e estamos intentando dar con asintomáticos para frear esta cadea de contaxios que está habendo".

Algúns dos que acoden hoxe repiten, xa participaron no cribado feito entre os traballadores da hostalería ou nalgún outro.

Só na última semana o concello rexistrou 23 novos contaxios, que sitúan a incidencia acumulada por riba dos 240 casos.

"Non hai que culpar os maiores nin os mozos. Todos podemos cometer erros, independentemente da nosa idade".

A Pobra está no nivel alto de restricions, igual que Ribeira.

Noticias web

22/05/2021