Hai 12 positivos e 15 persoas en illamento no gromo de Caldas de Reis
Dos 44 casos infectados na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés preocupa o gromo activo no concello de Caldas de Reis. Hai xa 12 positivos e quince persoas máis en illamento.
Comezou nunha familia e estendeuse a outros achegados. A maioría residen neste edificio.
"Estamos ben", responde unha das veciñas en corentena.
Este restaurante da vila permanece pechado e a súa propietaria está confinada ainda que deu negativo nas probas. Ao parecer a persoa que facía a limpeza do local é unha das contaxiadas.
Na área saniaria de Ourense, tratan de controlar o gromo de Vilar de Barrio onde este venres morreu unha muller de 91 anos. Estaba ingresada no hospital da cidade e , segundo Sanidade padecía outras doenzas. Con este falecemento, o primeiro que se rexistra, dende hai dous meses soben a 620 as vítmas da Coivid en Galicia.
A outra repunta que máis preocupou nas últimas semanas, a iniciada na Mariña a finais de xuño parece remitir. Con todo Sanidade informa de 79 casos activos na área sanitaria de Lugo, sete máis que o venres.
No Porto de Burela, a tripulación do Punta do Xuncos continúa confinada no palangreiro.
"É molesto, non poder ir para á casa e amais conta como tempo de descanso", apunta o patrón.
Agardan que mañá lle repitan o test a 3 dos 13 mariñeiros. Atópanse ben e a maioría xa estarían na fase final da enfermidade."Si , ben xa hai que nos atopamos, isto foi xa hai semanas e coma unha pequena gripe".
O resto de gromos contabilizados en Galicia afectan a grupos pequenos de persoas . Con todo o número de casos activos medra. Hoxe hai 225 positivos máis que o sábado pasado, segundo as estatísticas do Sergas.