CRTVG

Buscar

Hackean as contas da empresa Glovo en España e os datos de repartidores e clientes aparecen colgados á venda en Internet

Publicado o 04/05/2021 21:17
Hackean as contas da empresa Glovo en España e os datos de repartidores e clientes aparecen colgados á venda en Internet

Un hackeo á empresa Glovo en España deixa as credenciais de repartidores e clientes colgadas á venda en Internet.

Os vídeos e capturas de pantalla compartidos amosaban o acceso ás contas privadas, pero a compañía confirmou que non afectou os datos das tarxetas de crédito dos usuarios.

Glovo abriu unha investigación arredor deste erro de seguridade e tamén llo comunicou á Axencia Española de Protección de Datos.