Habilitan máis espazo para a cabalgata estática de Vigo
En poucas horas entraremos no novo ano e moitos cativos xa pensan nunha noite moito mais especial para eles, a de Reis. En Vigo as prazas dispoñibles para ver a súa cabalgata estática esgotáronse en menos de 24 horas. Porén unha mensaxe de tranquilidade para os pequenos vigueses porque o concello decidiu habilitar máis espazo na Avenida de Castelao ante a altísima demanda de solicitudes. Haberá dous carrís máis dos previstos inicialmente para que as familias poidan poder ver a Melchor, Gaspar e Baltasar e facelo con total seguridade
Coa máscara non apreciará tanto a súa barba branca pero Martina non perdería por nada do mundo ver a Melchor, por iso na súa casa, xa reservaron horario para facelo
E tanto que voaron. En menos de 24 horas quedaron esgotadas. Porén o concello abriu un novo prazo para as familias que non conseguiron reservar praza. Poderán facelo sen medo as aglomeracións porque se ampliou o espazo para visitar os Reis Magos
O cinco de xaneiro os Magos de Oriente non percorrerán as rúas de Vigo pero dende as doce do mediodía e ata as oito da tarde estarán na Avenida de Castelao. Será nunha cabalgata estática na que as familias accederán cada quince minutos aos espazos habilitados no horario que teñan asignado