CRTVG

Buscar

Reducen os aparcadoiros para autocaravanas na Torre de Hércules

Publicado o 06/08/2020 15:28

Moitos dos turistas que chegan á Coruña en autocaravana escollen estacionar neste aparcadoiro ao pé da Torre de Hércules.

O que xa non lles parece tan cómodo é a escaseza de prazas. Só sete caravanas poden estacionar aquí agora que a Torre de Hércules, amais de ser Patrimonio da Humanidade, foi declarada Espazo Natural de Interese Local.

Tamén lles amola que aquí lles prohibisen pernoitar.

No aberto do Aquarium Finisterrae, ata o mes de setembro, poderán estacionar un total de 13 autocaravanas.

E os propios usuarios quéixanse da falta de servizos para poder ter certas comodidades.

Noutro aparcamento próximo ao elevador do monte de San Pedro tamén poderán estacionar outras 11 autocaravanas. Malia que está menos céntrico, os usuarios destacan as vistas das costa coruñesa e que estea conectado co paseo marítimo.

Noticias web

06/08/2020