CRTVG

Buscar

Vixilancia especial nas cidades e zonas concorridas para velar que se cumpran as normas

Publicado o 08/05/2021 14:40

Ante esas novas medidas publicadas no DOG, o vicepresidente primeiro da Xunta destacou este mediodía que as distintas administracións reforzaron a súa coordinación con motivo da fin do estado de alarma. Segundo Alfonso Rueda, esta medianoite haberá unha vixilancia especial nas cidades e nas zonas de maior concorrencia.

Ante a fin do estado de alarma, Alfonso Rueda destacou este mediodía a coordinación entre a Xunta, a FEGAMP, a Delegación do Goberno e os corpos e forzas de seguridade do Estado para coordinar as actuacións desta noite e velar porque as medidas se sigan a cumprir.

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta: "Onte houbo unha reunión de coordinación coa FEGAMP e con responsables das forzas de seguridade para coordinar as actuacións. Pensando máis na xente nova, que será a que máis goce do ocio e do horario ampliado, polo menos os primeiros días. Facemos un chamamento á prudenca e hai que seguir cumprindo as normas, o non cumprimento dará lugra a sancións"

O vicepresidente primeiro da Xunta volveu criticar "a situación en que deixa o Goberno as comunidades", que cualifica de "limbo legal".
Rueda sinalou que será o luns cando a Xunta faga a petición ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do aval das medidas publicadas onte no DOG que afectan a dereitos fundamentais de reunión e de mobilidade.