Gustavo César Veloso recuperou as súas bicicletas
Publicado o 01/06/2020 17:33
E despois dunha semana, Gustavo César Veloso recuperou as súas bicicletas.
A Veloso roubárono na casa. Levaron unha bicicleta de estrada e outra de montaña. A colaboración cidadá e o traballo da policía deu cos ladróns. Xente que ao parecer sabía pouco de bicicletas e de ciclismo.
Esta mañá Veloso pasou recollelas. Están valoradas en 10.000 euros aproximadamente.